• 23 Dic 2017
    Concerto de Nadal 20:00 to 21:00

Historia

A BANDA-ESCOLA DE MUSICA DE BEADE comeza a escribir a súa historia  no ano 1985, pero non será ata catro anos despois cando a Banda conte con profesores especializados nos diferentes instrumentos, asumindo a dirección artística D. Javier Comesaña Pereira ata o ano 1992. Será entón cando asuma tal función durante os seguintes sete anos D. Julio Vázquez Martínez, que no ano 1999 cederá a batuta da agrupación a  D. Javier Viceiro Filguera ata o ano 2006, cedéndolle en Outubro do mesmo ano  o cargo ó actual director D. Luis A.  González Amosa.

No breve pero intenso camiño que leva percorrido ata agora a Banda-Escola de Música de Beade, son múltiples e variadas as participacións en diferentes certames, tanto a nivel galego como nacional, podendo destacar as seguintes:

 

TERCEIRO PREMIO no I e II CERTAME GALEGO DE BANDAS DE MÚSICA POPULARES, celebrados nos anos 1995 e 1996 Organizados pola Xunta de Galicia 

SEGUNDO PREMIO no “XX CERTAMEN INTERNACIONAL DE BANDAS DE MUSICA CIUDAD DE VALENCIA”, no 1996

PRIMEIRO PREMIO no “VII CERTAMEN NACIONAL DE BANDAS DE MÚSICA VILLA DE LEGANÉS”, celebrado no ano 1997

TERCEIRO PREMIO no “ LIII CERTAMEN NACIONAL DE BANDAS DE MÚSICA CIUTAT DE CULLERA ” no 2001

PRIMEIRO PREMIO, no apartado de bandas de música, no “ II DIA DA MÚSICA XOVE”, de Sada no ano 2001

TERCEIRO PREMIO no “ I CERTAME PROVINCIAL DE BANDAS DE MÚSICA” celebrado no ano 2001 Organizado pola Excma. Deputación Provincial de Pontevedra

PRIMEIRO PREMIO acadado na sección primeira do “II Certame Provincial de Bandas de Música”. Tamén neste certame se lle concedeu o Premio a mellor interpretación da obra obrigada

PRIMEIRO PREMIO no “XXX Certamen Nacional de Campo de Criptana”, e SEGUNDO PREMIO no “I Certame Internacional de Bandas de música de cine Vila de Ribadeo” no mes de xullo de 2003

PRIMEIRO PREMIO E MENCION DE HONRA no “III Certame Provincial de Bandas de Música” no  2003

PRIMEIRO PREMIO acadado na sección especial do “IV Certame Provincial de Bandas de Música” no 2004. Tamén neste certame  se lle concedeu o Premio a mellor interpretación da obra obrigada

SEGUNDO PREMIO acadado na sección especial do “V Certame Provincial de Bandas de Música” no 2005

PRIMEIRO PREMIO acadado no “XXXIV Certame de Bandas de Múdica Vila de Altea” organizado pola Sociedade Filarmónica Altaenense no 2005

SEGUNDO PREMIO acadado na sección primeira do “VII Certame Provincial de Bandas de Música” no 2007

TERCER PREMIO acadado no II Certamen zonal de bandas de Vigo,no 2009

SEGUNDO PREMIO acadado no III Certamen zonal de bandas de Vigo, no 2010

PRIMEIRO PREMIO acadado no “IV Certame Galego de Bandas” celebrado no Auditorio de Galicia, en novembro de 2010

PRIMEIRO PREMIO acadado no "V Certame Galego de Bandas de Musica Populares" celebrado no Auditorio de Galicia, en novembro  de 2011 

PRIMEIRO PREMIO acadado no  "XIII Certame Provincial de Bandas de Música" en outubro de 2014

                                                                                 

En marzo do ano 2002 a Banda – Escola  edita  un CD no que se recollen diferentes estilos musicais, así como pezas compostas expresamente para banda.

Tamén son de reseñar os intercambios que ésta Agrupación realizou coa “Banda de Música Manuel de Falla de Alcorcon” (1994 e 1996), a “Agrupación Santa Barbara de Piles” (1995), a “Agrupación Gualdim Pais de Tomar” (1995 e 1996), o “Coro e Orquestra da Escola de Música de Alcorcón” (1997), a “Bandade Música de Pola de Siero de Oviedo” (1998), a “Asociación MusicalIscariense de Iscar (Valladolid)” (1998-1999), e a Banda Municipal de Don Benito”, Badajoz (2014). Así tamén como a participación en infinidade de Festivais Musicais de Galicia ( Meaño, Ribadeo, Silleda, Barro, o Rosal...) ou colaborando con agrupacións e grupos folclóricos como A Roda ou Muxicas.

Na labor didáctica que está a levar a cabo esta agrupación, son de suliñar os innumerables concertos didácticos que leva realizado por colexios da zona de Beade, co obxectivo de achegar a música dunha maneira amena e conseguir que os nenos se aficionen a esta arte.

De suliñar é tamén a recenté creación no 2012 da Banda Infantil composta por 25 nenos de entre 8 e 12 anos e a  Banda Xuvenil da Escola de Música, composta por 45 nenos, que son o gran futuro da agrupación. A Banda Xuvenil  xa ten participado en diferentes festivais e concertos como por exemplo a Festival de Bandas Xuvenis de Silleda, San Miguel de Oia e o organizado pola propia Banda de Beade en Maio do 2013. 

 

 

 

 

Agenda