• 23 Dic 2017
    Concerto de Nadal 20:00 to 21:00

O Director

  LUIS A. GONZÁLEZ AMOSA 

Natural de Merza, realiza os seus estudios superiores de trompeta no Conservatorio Superior de Música de Vigo co mestre D. J. Vicente Simeó.

Completa a súa formación académica con mestres da talla de Benjamín Moreno, José Ortí, Jim Litleford, Eric Aubier, Bo Nilson, Hakan Hardemberger ou Reinold Friedrich entre outros. Asimesmo asiste a clases de pedagoxía con Ana Mª Navarrete.

No campo da dirección estudia con Marcel Van Bree, Bernardo Adam Ferrero, Rafael Sanz Espert, Henri Adams, Jan Cober, Pascual Villaplana,...

Formou parte da Orquestra Clasica de Vigo, Xoven Orquestra de Galicia, Banda Sinfónica de Galicia, Banda da Federación Galega, e colabora coas bandas municipais de Santiago e a Coruña así coma no Centro de Arte Contemporáneo de Santiago de Compostela (actuando coma solista) e Orquestra de Radio Televisión Española. Tamén é trompeta da Orquestra da Opera de Vigo.

Imparte cursos de trompeta en diversos puntos da xeografía galega coma Ferrol, Bandeira, Caldas, Agolada, etc...

Imparteu clases nos conservatorios de Redondela, Ourense, Pontevedra (onde dirixí­a a banda sinfónica do mesmo centro) e no Superior de Vigo. Tamén desenrolou a función docente na Escola Municipal de Vila de Cruces e Bandeira.

Dirixe dende moi xoven a Banda de Música Recreativa de Bandeira e posteriormente a Banda de Salcedo acadando resultados sobresaíntes tanto en Galicia coma en outras comunidades da xeografía española e Portugal. Colaborou en diversas ocasións coma director invitado coas bandas de Ponteledesma e Artística de Merza.

Actualmente é profesor de trompeta no Conservatorio Profesional de Música de Vigo e director da Banda-Escola de Música de Beade.

 

 

Agenda