• 07 Abr 2018
    Festival Internacional Francisco Bingre 21:30 to 22:30

    FIMFAB 2018 já tem datas A 2ª edição do Festival Internacional de Música Filarmónica Francisco Bingre decorrerá, este ano, entre 4 e 8 de Abril. Os dias 4, 5 e 6 serão dedicado ao Estágio para

  • 29 Abr 2018
    Festa da Xuventude en Balaídos 12:00 to 14:00

    As 12.00 horas oficiarase a misa cantada en honor a Santa Marta, seguida de procesión. Finalizados os actos litúrxicos, a Banda Escola de Música de Beade ofrecerá un concerto a partir das 13.00

A Banda Xuvenil

 

 

A Escola de Música de Beade conta con dúas bandas: a Banda Infantil, formada por 28 nen@s entre 7 e 12 anos, e a Banda Xuvenil, formada por 44 rapaces con idades comprendidas entre os 10 e os 18 anos. Xurden como unha asignatura máis da Escola de Música. 

Tanto a Banda Infantil como a Xuvenil teñen como obxectivos principais complementar a formación dos seus alumn@s, quenes tras haber adquirido uns coñecementos musicais teóricos e instrumentais  adecuados, necesitan unha formación de conxunto instrumental.

 O paso por estas dúas bandas dalle ós rapaces unha base sólida que lle permita ir avanzando paso a paso ata formar parte da Banda Escola de Música de Beade.

 Dende a súa creación, a Banda Xuvenil participa de forma peródica no concerto con motivo da festividade de Santa Icía, festivais de bandas xuvenís, concertos clausura do curso, etc.Tamén programa para os seus intengrantes campamentos musicais, excursións, concertos, cursiños de verán, etc...

 

Agenda