• 23 Dic 2017
    Concerto de Nadal 20:00 to 21:00

Concertos de nadal

Xa queda menos para a celebración do Nadal e a despedida de este ano. A Escola de Música e a Banda Escola de Música de Beade, como ben sendo habitual, rematarán o ano 2017 con música. É por iso que  queremos convidalos ao festival de Nadal da Escola de Música que terá lugar o sábado 16 de decembro ás 18.00 e o concerto que a Banda Escola de Música de Beade ofrecerá o sábado 23 de decembro ás 20.00h.

Queremos aproveitar a oportunidade do Nadal para expresar a nosa gratitude a todas aquelas persoas e empresas que colaborar desinteresadamente con nós facendo posible que a música sexa unha realidade. Moitas grazas.

A Escola de Música de Beade e a Banda Escola de Música de Beade deséxanvos Bo Nadal a todos.

 

 

Santa Icía 2017

O sábado 25 de novembro, ás 19.30h, faremos o noso tradicional concerto de Santa Icía.

Actuarán as dúas bandas que hai na actualidade na nosa escola: Banda Infantil e Banda Xuvenil e remataremos ca Banda Escola de Música de Beade.

Non faltedes, estades todos convidados!!!!!!!!!

XXIX OUTONO MUSICAL

Xa entrados no outono, a nosa banda ten organizado unha serie de concertos no mes de outubro con diferentes bandas invitadas. Deixámosvos o cartel no cal aparece todo detallado. Vémonos alí.

Inicio do novo curso escolar

Xa estamos outra vez cas pilas cargadas para que este curso sexa ainda millor que o anterior.

A nosa Escola de Música volve a abrir as portas o día 11 de setembro. Vémonos alí!!!

Aberto prazo de matrícula

A Escola de Música de Beade xa ten aberto o prazo de matícula  para o curso 2017-2018.

Para aqueles que ainda non sodes alumnos da escola, aínda estades a tempo de anotarvos. Temos a matrícula aberta todo o mes.

Hai unha ampla gama de actividades como: música e movemento, linguaxe musical, harmonía e análise, conxunto instrumental,.....etc.

Para todos aqueles nen@s que sexan alumnos da Escola e que comecen en práctica instrumental, a Escola de Música dispón de un banco de instrumentos que son cedidos en réxime de préstamo. É unha magnífica oportunidade para todos aqueles alumn@s que queiran probar un instrumento antes de dar o paso definitivo de compralo.

Contácta con nós e infórmate: 986243663-651693353

Agenda

Usuarios en linea

Hay 20 invitados y ningún miembro en línea