A Escola de Música de Beade xa ten aberto o prazo de matrícula para este novo curso que está a piques de comezar. Para aqueles que aínda non sodes alumnos da escola podedes anotarvos nas diferentes disciplinas que ofertamos: música e movemento, linguaxe musical, harmonía, instrumentos de vento madeira- vento metal, instrumentos de corda, instrumentos de percusión, agrupacións de cámara, banda infantil, banda xuvenil, etc...

A nosa escola dispón de un banco de instrumentos para todos aqueles alumnos que comecen con  instrumento.

Contacta con nós e infórmate!!!!!!!!

Mañá, venres 17 de maio, os nen@s da banda infantil e xuvenil estarán con un posto de comida: doces, empanadas, tortillas, chuches,etc.. no Adro parroquial de Beade a partir das 11.00 da mañá. 

 

O domingo 7 de abril ás 18:00h, os nosos rapaces da banda infantil e xuvenil tocarán no Concello de Meaño xunto cos rapaces da banda infantil e xuvenil de Meaño.

Nesta tarde musical os  compoñentes das diferentes agrupacións mostrarán o traballo que fan ao longo do ano ao mesmo tempo que se fomenta unha tarde de convivencia entre os seus compoñentes.

O sábado 6 de abril celebraremos o festival de bandas de música que organiza todos os a nosa banda. Este ano temos o pracer de contar cunha das mellores bandas a nivel galego, Agrupación Musical de O Rosal. O concerto será no auditorio do C.S.C.R. de Beade ás  20.00h.

Non volo perdades!!!

A Escola de Música de Beade,despide o ano co seu tradicional concerto de Nadal.

Estades todos convidados para o  sábado 22 de decembro ás 20.30h no auditorio do C.S.C.R. de Beade. 

Queremos aproveitar a oportunidade do Nadal para expresar a nosa gratitude a todas aquelas persoas e empresas que colaboran desinteresadamente connosco facendo posible que a música sexa unha realidade. Moitas grazas.

A Escola de Música de Beade e a Banda Escola de Música de Beade deséxanvos !!Bo Nadal a todos¡¡¡.